Curso de Bambú 12/13/14-06-2010

CURSO DE BAMBÚ DO INTECAP

Instructor| Bernardino Matías

Resumo do curso|

Tipos de bambú e características:

  • Guadúa: variedade de bambú latinoamericana. Caracterizase por ser de talo ancho entre 6 e 8 polgadas de diámetro, cunha cinta branca o redor do nó , canudo corto de espesor entre 1 e ½ polgada e pode chegar ata os 30m de altura . Ten unha resistencia de ferro 40. Utilízase para a construción de piares e vigas.
  • Asper: variedade de bambú asiática.Caracterizase por ser de talo ancho entre 6 e 8 polgadas de diámetro, con ramiñas o redor do nó , canudo corto de espesor entre 1 e ½ polgada e pode chegar ata os 30m de altura . Ten unha resistencia de ferro 40. Utilízase para a construción de piares e vigas.
  • Verticilata: caracterizase por ter un talo cun diámetro máximo de 6 polgadas e un canudo de entre 60 e 80cm . Utilízase para facer esteiras.
  • Auria: caracterizase por ter un talo cun diámetro máximo de 1,5 polgadas e un ha altura maxina de 7 a 8 metros. Utilízase para facer elementos decorativos.
  • Apus: caracterizase por ter un talo cun diámetro entre 7 e 15cm con folliñas e peliños que poden picar. É ríxido. Utilízase para facer esteiras e viguetas (costaneras).
  • Vulgaris: Caracterizase por ser amarelo, baixo e torcido, propenso a couza e a podremia. Ten un uso decorativo como planta.

Ten un tempo de crecemento e maduración de mínimo 4 anos, para saber que está lista ten que ter no exterior do talo unha especie de fungos. Hai que cortala coa lúa minguante de noite antes do amencer (de 4 a 6 da maña), xa que ó non realizar a fotosíntese, a sabia atópase na parte mais baixa do talo e é mais fácil de baleirar. Logo deixase curar (secar) durante 15 días e unha vez seco, aplícanselle os tratamentos necesarios para evitar o ataque de insectos e a podremia.

En Guatemala practícanse tres xeitos de construír  con bambú: Costarriqueño, colombiano e chino.

  • Estilo costarriqueño: consiste na construción de paneis de regras de bambú con armazón de madeira autoportantes, que se colocan sobre unha base de tres fiadas de bloque e se receban na súa totalidade. As cerchas da cuberta son de madeira tamén.
  • Estilo colombiano: salvo na cimentación o bambú é o material usado en toda a estrutura,  as unións entre elementos refórzanse con formigón. O cerramento fórmase enchendo con formigón os baleiros da estrutura.
  • Estilo chino: toda a estrutura é de bambú. Os piares recóbrense na base cunha protección asfáltica e fíncanse directamente na terra sen cimentación previa, mais agora adoitan a facer antes unha plataforma cun par de  fiadas de bloque que enchen de terra e é no interior da mesma onde cravan os piares. A estrutura recóbrese de esteira de bambú que queda vista cara o interior e recebada no exterior.

O instrutor realmente facía unha mestura de estilos para adaptarse a situación de Guatemala: cimentaba formando unha base de dúas fiadas de formigón deixando unha armadura para enganchar o piar que logo enchía de formigón na base, facía todo a estrutura de bambú unindo as pezas con pernos (sen formigón) e logo remataba coa técnica china, recubrindo todo de esteira de bambú e recebando polo exterior.

Visitas|

Aula do INTECAP

Bungalow na casa Nazaret na colonia Bilbao

Casa de dous niveis que quedou parada a medio construír

Casa do instrutor

Finca Dolores (bambuzal)


Valoración do bambú|

O seu favor:

  • Como material é resistente moi lixeiro, o que o fai perfecto para o uso estrutural.
  • É económico.
  • Ecoloxicamente sostible. É un material natural que se reproduce con moita facilidade sen necesidade de replantarse unha vez cortado e que absorbe grandes cantidades de CO2 ,  ademais os 4 anos do seu nacemento xa esta listo para ser cortado, polo contrario as árbores logo de cortadas hai que replantalas e tardan anos en volver a medrar .

Na súa contra:

  • Ten que estar moi ben curado e a obra debe ser executada con moito coidado a poder ser por xente que xa coñeza o bambú, senón estrágase facilmente.
  • Precisa moito mantemento para evitar a súa degradación (o instrutor recomendaba vernizala tódolos anos).
  • Non é ben aceptada polo xente.
  • Non é fácil de obter en cantidades importantes no mercado en Guatemala.

As nosas impresións do curso: serviunos para ter unha idea xeral do que é a construción con bambú en Guatemala aínda que nalgúns temas a información foi escasa e non cumpriu as expectativas. Realmente deunos a impresión de ser un material un pouco delicado, xa que practicamente en tódalas construcións vellas había algunha peza en mal estado por causa dun mal curado, dunha mala construción ou simplemente dunha falta de mantemento. O mellor simplemente falta poñer os  medios para que as cousas se fagan ben.

Anuncios

~ por delladodealla en 11 agosto, 2010.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: